O presunto fratricida de Salceda de Caselas pasa o luns a disposición xudicial

Encargarase o Xulgado do Porriño 
La vivienda en la que se produjo el crimen, en Salceda. CRTVG
photo_camera A vivenda na que se produciu o crime, en Salceda. CRTVG

O home que presuntamente matou o seu irmán ao golpealo cunha aixada no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas pasará este luns a disposición xudicial, segundo informaron fontes da Garda Civil. 

Así, prevese que este luns o presunto fratricida pase a disposición do Xulgado do Porriño ás 10.00 horas. 

Os feitos ocorreron sobre as 20,30 horas do pasado venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar os feitos ocorridos após unha discusión. 

Á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida. Aínda que foi trasladado en ambulancia faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O agresor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial. 

Comentarios