Un pasaxeiro conflitivo obriga a un voo Santiago-Londres a regresar aos 15 minutos
04 de agosto de 2019 (15:55 h.)
Tras deixar ao alborotador en terra, o avión reemprendeu a viaxe
A actitude conflitiva dun pasaxeiro obrigou a dar media volta a un voo entre Santiago e Londres aos 15 minutos de engalar para regresar a Lavacolla e deixar en terra ao protagonista do incidente.
O alborotador marcouse un Melendi, en referencia aos problemas que tiña o cantante cando voaba e que o levaron a ser detido a bordo nalgunha ocasión. Insultou a azafatas e pasaxeiros e a tripulación decidiu regresar ao aeroporto para que fose sometido a unha revisión médica.
O voo FR8379 de Ryanair aterrou sen complicacións na terminal compostelá antes de reemprender a viaxe ao aeroporto de Stansted, en Londres.