Unha muller falece en Gondomar atropelada por un condutor que deu positivo en cocaína
18 de septiembre de 2018 (18:10 h.)
A vítima cruzaba por un paso de peóns cando foi arremetida por unha furgoneta
Unha muller faleceu este martes en Gondomar tras ser atropelada por unha furgoneta cuxo condutor deu positivo en cocaína. Ocorreu ao redor das seis da mañá na PO-331 ao seu paso polo polígono da Pasaxe, en Vincios.
A vítima cruzaba por un paso de peóns cando foi golpeada polo vehículo.