Catro persoas continúan hospitalizadas tras o accidente do Marisquiño

O número de persoas que tiveron que ser atendidas nos distintos dispositivos asistenciais sitúase en 467

El muelle de madera que se hundió provocando la caída de decenas de asistentes al mar mientras asistían al festival O Marisquiño. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera O peirao de madeira que se afundiu provocando a caída de decenas de asistentes ao mar mentres asistían ao festival O Marisquiño. SALVADOR SAS (EFE)

A cifra de persoas que permanecen hospitalizadas debido ao esborralle dunha plataforma de madeira no festival do Marisquiño en Vigo descendeu a catro, segundo informaron fontes da Consellería de Sanidade. 

Nas últimas horas, recibiron a alta dous dos feridos que permanecían ingresados, un no hospital Povisa de Vigo e outro no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC). 

Con todo, nas últimas horas, un dos feridos que fora atendido tivo que ser ingresado, no Álvaro Cunqueiro, debido a que sufría fortes mareos. 

Desta forma, no HAC permanecen hospitalizadas tres persoas e unha cuarta está ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). 

O número de persoas que resultaron feridas o accidente e que tiveron que ser atendidas nos distintos dispositivos asistenciais sitúase en 467, segundo precisaron fontes de Sanidade. 

Comentarios