Unha das figuras da fachada de Platerías da catedral de Santiago amenceu este luns cunha peculiar pintada. Os vándalos, segundo se aprecia na fotodenuncia que difundiu en Twitter o usuario @
Aínda que podería ser borrada con técnicas de láser en cuestión de horas, suscitou o temor de que poida repetirse este tipo de actos cando leva a cabo un ambicioso programa de restauración e limpeza de fachadas e interiores con vistas á celebración do ano xacobeo, en 2021.
Todo apunta a que se trata dunha referencia á banda estadounidense de rock Kiss, que precisamente foi cabeza de cartel este ano do Resurrection Fest de Viveiro.
Así se espertaba hoxe a fachada rómanica da Catedral de Santiago de Compostela. Como di \
perezreverte pic.twitter.com/nAMuuLEhk4<> — Antonio Sesar (\asesar81) 6 de agosto de 2018<>
Segundo informa a axencia Efe, as autoridades revisan as cámaras que se atopan na contorna dese enclave do centro histórico da capital galega para tratar de identificar o autor dos feitos.
Ademais, o titular de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, cualificou o acto de "barbarie patrimonial", "auténtica barrabasada" e "acto de incultura".
A de Pratarías é a fachada sur do templo compostelán e trátase da única de estilo románico que conserva a catedral. O seu nome provén dos talleres de ourives situados desde a Idade Media nos baixos asoportalados do claustro.
Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sinalou que Compostela é unha cidade Patrimonio da Humanidade "tolerante e aberta ao mundo". "Os seus veciños e veciñas estamos moi orgullosos", explica na súa conta oficial de redes sociais, e engade que ante feitos destas características "si que somos intolerantes", á parte de apuntar que "se atacan o noso patrimonio, atácannos a todos".