Transitar pola estrada que une os lugares de Souto e Quintáns, en Meaño, converteuse en toda unha carreira de obstáculos. Aínda que o Concello acaba de acometer obras de ampliación e mellora da vía, a estrada supoñen un risco para os condutores debido aos postes da luz que quedaron en metade da calzada.
Os veciños denuncian o risco que supoñen, especialmente de noite, e critican que non se desprazou os obstáculos cando se ampliou a estrada.
O Concello aseguran que é a empresa eléctrica a que debe encargarse de mover os postes mentres que desde Naturgy sosteñen que lle corresponde ao promotor da obra asumir o custo do retranqueo.
Mentres non se resolve o conflito de competencias, o Concello deu a orde de pintar os paus de vermello e branco para mellorar o seu visbilización.