Practican a autopsia á nena de Muimenta e a causa segue sen detidos
O caso está a cargo do xulgado número 1 de Vilalba, quen decretou o segredo das actuacións
O caso está a cargo do xulgado número 1 de Vilalba, que decretou o segredo das actuacións. A pesar diso, fontes da investigación confirmaron que o equipo forense puido practicar a autopsia este sábado, da que xa se teñen os resultados preliminares.
A pesar diso, de momento non se realizou ningunha detención por mor desta investigación, segundo engaden as mesmas fontes.
A alarma saltou o pasado venres, cando a Garda Civil acudiu á casa polo falecemento dunha nena. Á espera dos resultados do forense sobre a autopsia, a Benemérita considera trátase dunha morte natural, ante a ausencia de signos de violenta.
Previamente, ao lugar dos feitos trasladouse unha ambulancia do 061 e un equipo sanitario de Atención Primaria que realizaron manobras de reanimación á nena, que faleceu no seu domicilio.