A Primitiva deixa 1,6 millóns de euros en Ribadeo
18 de enero de 2019 (01:59 h.)
O boleto agraciado foi selado na cafetería Garden
O sorteo da Primitiva celebrado este xoves, 17 de xaneiro, deixou un premio de 1.635.569 euros en Ribadeo.
O boleto premiado (de seis acertos), foi selado na cafetería Garden, situada na Avenida de Galicia.
A combinación gañadora do sorteo deste xoves estivo formada polo número 19-24-30-47-26-8, como complementario o 7 e reintegro o 4.
UN BELISCO DA LOTERÍA EN VILALBA. Pola súa banda, a Lotería Nacional deixou 6.000 euros en Vilalba.
O décimo agraciado, do número 82.777, foi selado na librería Pergamino e correspóndese co segundo premio do sorteo.
O establecemento, situado en Campo de Ponte, xa repartira en setembro máis de 60.000 euros coa Bonoloto.