As principais oficinas de rexistro da Xunta xa contan con servizo de cita previa online

Os usuarios poderán reservar a data e a hora para realizar as súas xestións en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

Web

As oficinas de rexistro da Xunta en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo xa contan cun servizo de solicitude de cita previa por internet. A través da web do Executivo galego, os usuarios poderán reservar a data e a hora para realizar as súas xestións. Bastará con seleccionar a oficina, o trámite, indicar o nú mero de follas que se van a dixitalizar e cubrir os datos persoais.

Segundo informou este martes o Goberno galego nun comunicado, os rexistros concentran máis do 50% da entrada de documentación e están equipados para dixitalizar os escritos que os cidadáns entregan en papel. Deste xeito, iníciase o expediente online, que se enviará en formato electrónico ao departamento que deberá xestionalo.

A intención é reducir os tempos de espera e evitar "perdas ou extravíos". O expediente almacenarase no arquivo electrónico único ao que teñen acceso online os empregados públicos e o interesado. O sistema foi impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Vicepresidencia da Xunta.

Comentarios