O fillo menor do octoxenario cuxo corpo sen vida foi achado na parroquia viguesa de Sárdoma con signos de violencia, atado polos pés e envolvido en plásticos, ingresará en prisión provisional comunicada e sen fianza.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou desta resolución unha vez que o presunto parricida pasou este sábado a disposición xudicial.
A causa está secreta e o avogado do detido, Benjamín Maio, asegurou aos medios de comunicación que o seu representado mostrou "total colaboración coa Administración de Xustiza".