Prisión para o home que proferiu ameazas e disparou nun bar en Xinzo

O acusado e o seu fillo, menor de idade, causaron a alarma o mércores nun establecemento tras encañonar cunha pistola ao dono do mesmo

O xulgado de Xinzo de Limia decretou o ingreso en prisión para o home de 38 anos que, xunto ao seu fillo menor de idade, proferiu ameazas e causou diversas desfeitas nun bar da localidade ourensá e disparou ao letreiro do local despois de que o dono os recriminase pola súa actitude.


O home, de etnia xitana, e o seu fillo de 16 anos, causaran a alarma nun bar próximo á estación de autobuses ao encañonar cunha pistola ao dono do establecemento e a varios clientes e provocar danos no mobiliario.

Segundo indicaron fontes da investigación, o fillo está aínda declarando ante a Fiscalía.

Os feitos ocorreron sobre as 22:40 horas do mércores, nun bar da localidade ourensá. O home de 38 anos, cuxas iniciais son D.S.R., e o seu fillo menor de 16, foron detidos o xoves como presuntos autores dun delito de ameazas, tenencia ilícita de armas e danos, ocasionados nun bar da localidade tras ameazar ao camareiro e disparar contra o letreiro do bar cando saían.

Durante a inspección ocular, os investigadores localizaron un casquillo de bala. 

Comentarios