Prisión para o socio de Miñanco e Oubiña detido en Madrid tras 15 anos fuxido

Manuel Miranda Velasco alterara as súas pegadas e habíase injertado pelo para eludir á xustiza

Manuel Miranda Velasco, atrapado. POLICÍA NACIONAL
photo_camera Manuel Miranda Velasco, atrapado. POLICÍA NACIONAL

O titular do Xulgado Central número 4 da Audiencia Nacional, José Luís Calama, ordenou o ingreso en prisión de Manuel Miranda Velasco, un histórico narcotraficante que foi detido pola Policía Nacional en Xetafe (Madrid) e que levaba máis de 15 anos fuxido da Xustiza española. 

Manuel Miranda Velasco había modificado e alterado as pegadas das súas mans con microimplantes de pel e fíxose enxerto de pelo para evitar a súa identificación. No pasado estivo vinculado con outros históricos 'narcos', entre eles Laureano Oubiña e Sito Miñanco 

O arrestado, de orixe asturiana, tiña en vigor catro requisitorias de detención e tres prohibicións de salida con dúas identidades distintas

A detención produciuse este 29 de xaneiro en Xetafe. O buscado modificara e alterado as súas pegadas dixitais ata unha deterioración tal que imposibilitase o seu recoñecemento, utilizando microimplantes de pel ademais de queimaduras ou cortes. Os axentes tamén constataron que se realizou un enxerto de pelo para evitar ser recoñecido.

IDENTIDADES FALSAS PARA SEGUIR DELINQUINDO. Para poder circular libremente posuía unha documentación falsa obtida a nome dun cidadán peruano que utilizaba para viaxar por todo o mundo, a pesar de contar con varias requisitorias en vigor. Ademais, tamén utilizaba a identidade dun cidadán croata para evitar a súa localización. 

Os axentes puideron constatar que durante os últimos meses o detido viaxou en numerosas ocasións ata Marrocos para, presuntamente, levar a cabo actividades relacionadas co narcotráfico. No momento do seu arresto portaba dous terminais telefónicos encriptados, aparellos utilizados habitualmente polas organizacións criminais. 

Manuel Miranda Velasco foi detido en 2001 en Madrid no marco dunha investigación sobre os principais subministradores de barcos para alijar droga desde Galicia. Xa entón estaba investigado na Audiencia Nacional e por un xulgado de Vilagarcía

En 2007, o Tribunal Supremo condenouno a 14 anos de cárcere e multa de dez millóns de euros. Considerouse probada a súa integración nunha organización criminal formada por doce persoas que transportaron desde as costas andaluzas ata Galicia un barco, o pesqueiro Rapanui, no que se interviñeron 2.197 quilos de cocaína. 

O nome de Miranda Velasco tamén apareceu no sumario do caso da 'operación Grumete' que instruíu o xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo, centrado na rede de apoio de strong <>José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco. A súa detención xustificouse por mor das intervencións telefónicas e imputóuselle un delito contra a saúde pública por un alixo de cocaína incautado en alta mar, a mil millas da Guayana Francesa. 
 

Comentarios