Un proxecto galego consegue reter 50% do CO2 da actividade industrial

Contaminación. PIXABAY

O sistema ten aínda marxe de mellora, segundo indicou os seus responsables nunha xornada de presentación de resultados celebrada na Escola de Enxeñería de Minas da UVigo

Un consorcio galego liderado por ATI sistemas e o grupo de tecnoloxía enerxética da Universidade de Vigo desenvolveu un dispositivo capaz de capturar e almacenar ata un 50% do CO2 en poscombustión procedente da actividade industrial, informou a institución académica no seu diario dixital.

O desenvolvemento do proxecto, con apoio da Xunta, permitiu unha solución que reduce o consumo enerxético mediante un sistema de secado de gases a baixa presión e libre de sustancias perigosas grazas ao uso de zeolitas 13X como material absorbente.

O sistema ten aínda marxe de mellora, segundo indicou os seus responsables nunha xornada de presentación de resultados celebrada na Escola de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo e na empresa Termocalor.

O proxecto pretende contribuír a mitigar os efectos das emisións de gases de efecto invernadoiro por parte da industria, en liña cos acordos e compromisos internacionais para adoptar medidas tendentes a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e evitar o cambio climático.