Ryanair deixa de operar no aeroporto de Vigo
08 de febrero de 2019 (18:37 h.)
A compañía de baixo custo cancelará os seus voos a Barcelona desde o 1 de abril e a Dublin e Londres a partir do 8 de maio
Ryanair deixará de operar no aeroporto de Peinador. A aerolínea de baixo custo anulou os voos de Vigo a Barcelona desde o 1 de abril e a Dublín e Londres a partir do 8 de maio.
A decisión da compañía irlandesa, que está presente en Vigo desde hai tres anos, prodúcese ao romper as negociacións co Concello para continuar operando en Peinador.