Reabren ao público todas as oficinas para renovar o DNI en Galicia

Oficina do DNI. ARQUIVO
É necesario pedir cita previa

A Policía Nacional retomou este luns a actividade presencial en todas as oficinas de DNI de Galciia, con cita previa e a obrigación de levar máscara, informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia.

Nun comunicado, o corpo explica que todos os cidadáns deben acudir á súa cita puntualmente, provistos de máscara, co importe exacto en metálico da taxa -12 euros DNI e 30 euros pasaporte- e de forma individual, salvo para expedicións a menores ou persoas que necesiten asistencia, que poderán ir acompañados.

Así, as dependencias das ouficinas foron equipadas con biombos que dividen as zonas de traballo e separan ao persoal da oficina do cidadán que está a ser atendido.

Tamén se instalaron dispensadores de xel hidroalcohólico nas instalacións para que sexa utilizado polo cidadán cando accede ás mesmas e cando as abandona.

A validez de todos os Documentos Nacionais de Identidade que caduquen desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo prorrogarase durante un ano ata o día 13 de marzo de 2021.

A cita previa para renovar a documentación, reiniciada de forma gradual e progresiva desde o 27 de maio, débese solicitar na páxina oficial www.citapreviadnie.es.