Reanimado un home inconsciente nunha praia de Sada
24 de junio de 2018 (22:00 h.)
Os feitos ocorreron na praia das Delicias
O persoal do 061-Urxencias Sanitarias reanimou este domingo a un home que estaba inconsciente nunha praia de Sada, informa o 112.
Outros bañistas alertaron ás 16 horas de que o home flotaba inconsciente na praia das Delicias, polo que foi levado á beira.
Alí o persoal sanitario logrou reanimalo antes de trasladalo ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).