sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Os aeroportos galegos superaron os cinco millóns de pasaxeiros en 2018

Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)
Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)

Nova marca de usuarios nas terminais galegas tras un incremento do 4.7% con respecto a 2017

Os tres aeroportos galegos creceron un 4,7% na súa cifra de usuarios ao longo do ano 2018, no que as tres terminais superaron por primeira vez os cinco millóns de pasaxeiros. 

Así o evidencian os datos feitos públicos este luns por Aena, segundo os cales 5.080.202 pasaxeiros fixeron uso dos aeroportos galegos en 2018, o que supón 227.856 máis que o ano anterior, un incremento do 4,7%. 

En concreto, polo aeroporto de Lavacolla pasaron 2.724.750 usuarios, un 3% máis que o ano anterior; mentres que A Coruña creceu un 7,4%, ata os 1.225.763 pasaxeiros; e Vigo alcanzou 1.129.689, un 6% máis. 

En canto ao número de operacións, as tres terminais galegas rexistraron case 52.000, un 3,69% máis que hai un ano. Por aeroporto, Santiago operou 21.839 voos (un 1,5% máis), A Coruña 17.558 (9,2% máis) e Vigo 12.526 (0,4% máis).

SANTIAGO CAE EN DECEMBRO. Con respecto aos datos do último mes do ano, o aeroporto de Santiago experimentou un descenso na súa cifra de pasaxeiros con respecto á dun ano antes. A caída foi do 0,3% e a cifra final de usuarios alcanzou os 200.404. 

Pola súa banda, Na Coruña movéronse 91.223 pasaxeiros, un 6,8% por encima das cifras de decembro de 2017 e en Vigo incrementáronse un 13,8%, ata os 81.678. 

En canto aos voos, en Lavacolla operáronse 1.590, un 0,4% menos que hai un ano, e en Peinador 817, unha caída do 5,9%. Pola contra, Alvedro creceu un 19,7% neste índice, ata os 1.217 voos operados. 

Os aeroportos galegos superaron os cinco millóns de pasaxeiros en 2018
comentarios