A renovación da Xunta inclúe sete cambios no segundo nivel

O lucense Manuel Vila López deixa Educación e será o secretario xeral de Cultura e Turismo ► Teresa Gutiérrez, nova responsable de Augas
 

Manuel Vila toma posesión como secretario xeral de la Consellería de Cultura. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Manuel Vila toma posesión como secretario xeral da Consellería de Cultura. XUNTA DE GALICIA

A última remodelación do Goberno galego leva aparellados cambios no chamado segundo nivel e dos sete primeiros xa deu conta este xoves o Consello da Xunta. En clave lucense só hai que resaltar un, o de Manuel Vila López, que ata agora exercía como subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado e que pasará a ser o secretario xeral técnico da nova Consellería de Cultura e Turismo. Licenciado en Dereito pola USC e funcionario, Vila López é un profundo coñecedor do armazón administrativo e dispón dun perfil eminentemente técnico, xa que é unha figura moi discreta.

Fose do ámbito lucense, o cambio máis relevante é o de Augas. O Consello nomeou a Teresa Gutiérrez como responsable do departamento en lugar de Roberto Rodríguez, que chegou en 2015 e cuxo destino apunta á candidatura de Beatriz Mato o Concello da Coruña. A nova directora de Augas é enxeñeira de Camiños, ten experiencia en obras hidráulicas e dirixiu o IGVS. Actualmente é concelleira en Santiago, xa que ía na lista de Agustín Hernández.

Belén do Campo, Ildefonso de Cámpaa, María J. Lorenzana, Manuel Vila, Carmen Bouso e José Balseiros. EP

Outra sorpresa foi a fichaxe do exalcalde de Cerdedo e parlamentario galego Silvestre José Balseiros, que cambia a Cámara pola dirección xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. A súa substituta no Hórreo será Rosa Oubiña.

O departamento ao que vai o pontevedrés déixao vacante Belén do Campo. A coruñesa, exdelegada territorial na Coruña, pasa á Consellería de Medio Ambiente para asumir a dirección de Patrimonio Natural, que ocupaba Ana María Díaz. O vigués Ildefonso de Campana é o novo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, cargo que tiña a agora conselleira Fabiola García. Pola súa banda, Carmen Bouso deixa a secretaría de Medio Rural e pasa a ocupar o mesmo posto pero no Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na que substitúe a María Jesús Lorenzana Somoza. E esta, pola súa banda, pasa á Secretaría Xeral do Medio Rural. 

Comentarios