Rescatado un home que quedou atrapado nas Salinas de Vilaboa por salvar o seu can
O individuo e a súa mascota foron devoltos a terra firme nun peirao próximo á zona
O individuo e o seu can foron rescatados e devoltos a terra firme nun peirao próximo á zona. Testemuñas presenciais explicaron que o home estaba a pasear co seu can pola contorna natural das Salinas cando o can tirouse á auga. De inmediato, el lanzouse para rescatar o animal, con tan mala sorte que non conseguiu volver ao límite do vaso das Salinas e tívose que resgardar nun illote que hai na zona central.
Dáse a circunstancia de que o espazo das Salinas conta con grandes balsas de lodo que puideron dificultar a saída ao home, e de que, ademais, a marea comezou a subir rapidamente, polo que, ante a imposibilidade de saír nadando co can en condicións de seguridade, foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca I que partiu desde a base de Vigo. O rescate chamou a atención dos numerosos visitantes que aproveitaron a xornada despexada para pasear pola contorna das Salinas.