Rescatado un mozo que caeu ao mar na Coruña

Un particular alertou ás cinco e a tarde deste domingo da caída á auga dun compañeiro na zona do Millenium

Os servizos de urxencias rescataron a un mozo que caeu ao mar na Coruña, informa o 112.

Un particular alertou ás cinco da tarde deste domingo da caída á auga dun compañeiro na zona do Millenium, na costa da cidade herculina.

Explicou que se fixo dano nunha perna e que esperaba sentado nunha roca, nunha zona de cantís.

A Policía Local, os Bombeiros da Coruña e o 061-Urxencias Sanitarias encargáronse do rescate e atención do mozo.