Un home e o seu fillo foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil ao quedar illados nunha zona de rocas, no lugar de Cabo Udra, en Beluso.
Sobre as 11.15 horas, a Policía Local de Bueu solicitaba axuda ao 112 Galicia para rescatar a un home e a un neno que estaban a pescar na zona de Udra e que non podían chegar a terra.
Enseguida, desde o 112 alertouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, os xestores de urxencias informaron á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, por se fose necesaria a súa intervención.
Finalmente, os dous, pai e fillo, foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil, que os trasladou ata o Peirao de Bueu. Os dous atopábanse en bo estado e non necesitaron asistencia sanitaria.
Os axentes da Policía Local indicaron que entre eles e os efectivos de Protección Civil puideron sacar á muller das rochas, que foi trasladada en ambulancia polos técnicos sanitarios. Así mesmo, confirmaron que non revestía gravidade.