Rescatan a dous tripulantes dunha embarcación que ardeu cando fondeaba preto do faro de Mera

Ambos se atopan en bo estado de saúde despois de que un individuo alertase do incendio no barco

Os dous tripulates dunha embarcación, que ardeu na mañá deste venres cando estaba fondeada na contorna do faro de Mera, na localidade coruñesa de Oleiros, tiveron que ser rescatados polos membros do servizo de vixilancia de praias. 

Así o informou o servizo de urxencias do 112 Galicia, que precisou que un particular alertou do incendio do barco, ante a posibilidade de que houbese persoas no interior. 

Desde o 112 transmitiuse o aviso a Salvamento Marítimo, que enviou medios á zona, e aos bombeiros de Arteixo e efectivos do Servizo Municipal de Urxencias de Oleiros. 

Finalmente, os tripulantes da embarcación foron rescatados polos membros do servizo de vixilancia de praias e trasladadas ao porto da Coruña, en perfecto estado de saúde.