Rescatan a tres venezolanas vítimas de trata nun club de alterne de Meis

As mullleres, de entre 18 e 24 anos, eran obrigadas a vender os seus corpos para pagar unha suposta débeda contraída co empresario

 

Club de alterne del detenido. DP
photo_camera Club de alterne do detido. DP

Axentes da Garda Civil de Pontevedra rescataron a tres mulleres de nacionalidade venezolana que foran enganadas para viaxar a España a exercer a prostitución.

O operativo, presentado na mañá deste venres pola subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e o coronel da Garda Civil, Jorge González Veiga, incluíu a detención do dono do club Pigalle, un veciño de Meis de nacionalidade brasileira que ingresou en prisión.

As vítimas, de entre 18 e 24 anos, eran obrigadas a vender os seus corpos para pagar unha suposta débeda contraída co empresario, que as captou no seu país de orixe dicindo que ían traballar nun hotel.

O labor do EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Comandancia resultou básica para o esclarecemento do delito.