Un incendio forestal queima 0,2 hectáreas en Fisterra

O lume quedou extinguido

O incendio forestal rexistrado na mañá deste venres na parroquia de Santa María do municipio coruñés de Fisterra foi extinguido tras afectar a unha superficie de 0,2 hectáreas de monte arboledo. 

Segundo informou a Europa Press a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 11,59 horas e foi controlado ás 12,58 horas. Tras iso, os efectivos lograron extinguilo sobre as 16,00 horas. Nos labores de extinción das chamas participa un axente, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero. 

Comentarios