Rouban nunha escola de Coirós e comen as galletas dos nenos

levaron un computador coa programación educativa e fotos dos alumnos, de entre 3 e 6 anos

Uns descoñecidos levaron este fin de semana un computador portátil da escola de educación infantil do Fontelo, en Coirós, segundo informa o Consistorio.  Ademais do equipo informático, os autores revolveron todo a interior da aula, deixando o material educativo esparexido polo chan. Dáse a circunstancia de que o computador contén no seu disco duro a programación educativa, e fotos dos alumnos, de entre 3 e 6 anos. 

Os descoñecidos, que poderían acceder ao interior do colexio a través dunha fiestra, coméronse tamén as galletas que teñen á súa disposición os nenos. 

O alcalde da localidade, Francisco Quintela, pediu a colaboración cidadá para axudar a esclarecer o ocorrido e tamén solicitou aos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado que "redobren a súa presenza" no municipio.