Axentes da Policía Nacional tiveron que intervir na madrugada deste mércores para sacar da auga unha moza que se meteu no mar na zona de Orzan, onde fai tan só dúas semanas perdeu a vida unha ourensá de 22 anos.
A moza, de 20 anos, saltou o cordón policial colocado na praia que prohibía o acceso por un novo temporal. As súas amigas intentaron convencela de que non se achegase ao mar e, tras non conseguilo, decidiron chamar ao 091. Finalmente, os axentes tiveron que intervir para sacar a moza da praia.
Este incidente causou gran indignación entre os membros de Protección Civil da Coruña, que mostraron o seu enfado en redes sociais.
INCOMPRENSIBLE.
Apenas 15 días despois de que falecese unha moza na Ensenada do #Orzanmadrugada,membros da \policia da auga a outra rapariga na mesma zona.
Non aprendemos.....
ð???ð???ð???ð???ð??? pic.twitter.com/R6eAFGYCDo<> — Prot. Civil Coruña (\PCivilCoruna) 11 abril 2018<>