O sacerdote Xesús Mato e os carteiros rurais, entre os distinguidos coas Medallas Castelao 

Tamén foron galardoados a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, a profesora e investigadora María José Alonso e o empresario téxtil Jesús Domínguez

Xesús Mato. AEP
photo_camera Xesús Mato. AEP

A arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, a profesora e investigadora María José Alonso, o empresario téxtil Jesús Domínguez, o sacerdote Xesús Mato e os carteiros rurais de Galicia, foron distinguidos coas Medallas Castelao na súa edición correspondente a este ano 2018. 

O Goberno galego aprobou, na súa reunión semanal, o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos cuxa obra, en calquera faceta de actividade humana, considérase merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Como cada ano, serán entregadas o 28 de xuño. 

Na rolda de prensa posterior, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a traxectoria de Isabel Aguirre de Urcola, María José Alonso e Jesús Domínguez, así como de Xesús Mato, de quen, ademais do seu labor pastoral, recordou que fundou a Polifónica de Lalín e foi tamén cofundador de Fuxan vos Ventos. 

Feijóo, quen foi presidente de Correos, destacou tamén a distinción aos máis de 1.000 carteiros rurais que traballan en Galicia e que "reparten cada día en todos os lugares" da comunidade, "por recónditos que sexan". 
 

Comentarios