Galicia rexistra este martes 1.160 casos activos por coronavirus, 47 menos que no reconto previo, ata un total de 1.160, de modo que continúa baixando o impacto da crise sanitaria.
Segue, igualmente, o descenso da quinta onda de contagios, que nesta xornada sumou 29 novos (-4) e deixa a presión asistencial de novo con 58 pacientes ingresados, 16 deles en unidades de críticos (-1) e 42 (+1) en cama convencional, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde.
Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 182.170 persoas, das que se recuperaron 178.410 e faleceron 2.634, cinco nas últimas horas.
Por áreas sanitarias, todas seguen en descenso, coas de Ferrol e de Pontevedra por baixo dos cen casos e as da Coruña, Lugo e Vigo aínda por encima de douscentos.