Sáldase sen feridos o choque dun autobús contra unha casa en Rianxo
02 de marzo de 2015 (15:42 h.)
Un autobús de pasaxeiros accidentouse esta mañá de luns ao saírse da vía e encaixarse no muro dunha casa sen causar feridos, informa Urxencias 112.
O sinistro ocorreu pasadas as dez deste luns nun tramo de estrada entre Asados e o concello coruñés de Rianxo.
No autobús de liña regular viaxaban polo menos catro persoas que non sufriron danos.
O 112 avisou os bombeiros, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.