Sinistro, o gato accidentado en O Salnés, ten novo fogar
30 de junio de 2020 (21:09 h.)
Sinistro, o gato accidentado o pasado xoves na V.G.4.3, recuperouse satisfactoriamente da operación á que foi sometido e xa ten fogar.
Este gatiño, que perdeu unha pata, foi adoptado precisamente pola muller que sufriu un envorco para esquivalo.
O servizo de Emerxencias Cambados celebrou a recuperación de Sinistro e que atope xa un fogar.