Sofre unha crise de ansiedade tras incendiárselle o coche na AP-9 en Barro

As testemuñas que chamaron a urxencias alertaron de que a condutora estaba ben pero moi nerviosa

Unha muller sufriu unha crise de ansiedade ao incendiarse o vehículo que conducía ao seu paso por Barro, segundo informou a central que coordina a atención ás urxencias que se producen en Galicia. Foron varios os particulares que, sobre as 12.30 horas deste mediodía, alertaron ao 112 Galicia de que un coche estaba a arder na AP-9, á altura de Portela, dirección Coruña. 

Segundo indicaron as testemuñas, a condutora atopábase fóra do turismo, e estaba ben pero moi nerviosa. Por iso, ademais de solicitar a intervención dos Bombeiros de Ou Salnés, desde o 112 requiriuse a intervención do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico.

Unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias desprazouse ata o punto indicado. 

Comentarios