Sogama visibiliza a loita contra o cancro de mama coa entrega de minicontedores rosa
19 de octubre de 2019 (02:23 h.)
Crea unha edición limitada baixo a lema 'Sempre contigo'
Sogama súmase este sábado ao Día Mundial contra o Cancro de Mama cunha edición limitada de minicontedores rosa co lema Sempre Contigo, co fin de visibilizar a enfermidade. Presentáronos este venres o presidente e o director xeral, Javier Domínguez Lino e Isidro García Téllez, e repartiranse a nenos e maiores nos proximos días.
É por iso que nos próximos días entregará, con motivo de distintas accións educativas que desenvolva en centros educativos e colectivos sociais, partidas de minicontedores rosa para gardar neles "os pequenos obxectos favoritos", bolígrafos ou lapis, por exemplo.