Sol e moita calor para unha ponte con máximas que rozarán os 30 graos
15 de mayo de 2018 (23:42 h.)
Os ceos despexados e o aumento das temperaturas serán unha constante durante toda a semana
O tempo seco e asollado volverá a Galicia durante os próximos días e manterase durante a fin de semana, xornadas nas que se esperán máximas próximas aos 30 graos en puntos do sur e o interior da comunidade.
Esta situación está provocada polo anticiclón dos Azores, que se situará sobre o Reino Unido e traerá a Galicia aire cálido procedente do norte de África.
Deste xeito, os ceos despexados e o aumento das temperaturas serán unha constante durante toda a semana.
A fin de semana, as máximas rozarán os 30 graos en puntos como a Ribeira Sacra ou o sur de Pontevedra.