Sol en terra e alerta amarela nas costas de Pontevedra e A Coruña

Este martes espérase unha xornada asollada. VITORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Espérase un fin de semana asollado. VITORIA RODRÍGUEZ

O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre un anticiclón situado sobre Polonia e unha profunda borrasca ao norte das Azores. Deste xeito, teremos un día de ceos con nubes de tipo medio e alto, con ceos máis nubrados no noroeste,onde incluso poderá haber algunha choiva ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur, aínda con algún intervalo forte a primeiras horas na Costa da Morte.

DOMINGO. O domingo Galicia queda na influencia das altas presións situadas en centroeuropa. Así, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, quedando con valores ao redor dos 20º C en moitas localidades. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente leste.

ALERTA NO LITORAL. O litoral das Rías Baixas e o oeste da Coruña manterá aviso amarelo este sábado pola tarde por ondas duns catro metros de altura. 

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, na segunda metade do día a altura da onda quedará por encima dos catro metros na franxa atlántica. 

Deste xeito, a partir das 15,00 horas deste sábado o aviso será amarelo nas Rías Baixas e no oeste da Coruña por ondas duns catro metros. 

Comentarios