viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

O Supremo rectifica e avala o veto galego a que as vivendas turísticas se aluguen por habitacións

Vivienda turística en la Rúa da Cruz de Lugo. GALERÍAS 16
Vivienda turística en la Rúa da Cruz de Lugo. GALERÍAS 16
A Xunta alegou que a sentenza anterior anulaba dous artigos xa incluídos nunha norma previa, algo que aceptou o Alto Tribunal

O Tribunal Supremo anulou a súa sentenza do pasado mes de outubro, na que se invalidaban dous artigos do decreto de regulación de vivendas turísticas de Galicia, e avalou a prohibición establecida pola Administración galega de que este tipo de establecementos poidan alugarse por habitacións. 

Así o informou este mércores a Xunta nun comunicado, no que precisan que o Executivo galego presentou en novembro un incidente de nulidade ao fallo, tras entender que se vulnerou "o seu dereito á tutela xudicial efectiva", tendo en conta que a sentenza anulaba un artigo do decreto de vivendas turísticas que estaba contido xa na lei 7/2011. 

Agora, o Alto Tribunal estima estas reclamacións e decidiu anular o fallo emitido, á vez que desestimou as alegacións presentadas pola Avogacía do Estado

A Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) e a Administración do Estado recorreron no seu momento ante o Supremo o fallo ditado en febreiro de 2018 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que avalaba a decisión da Xunta de prohibir alugar por habitacións soltas as vivendas de uso turístico. 

O outubro de 2019, o TS estimou parcialmente as súas reclamacións e instou a que se anulasen os artigos 4.2 e o 5.1 deste decreto, que fan referencia a que a cesión de vivendas turísticas e de vivendas de uso turístico "será da totalidade da vivenda, sen que se permita a cesión por estancias". 

Nesta ocasión, con todo, o Alto Tribunal acepta as alegacións da Xunta, polo que decidiu anular ese fallo. Esta decisión implica que tanto as vivendas turísticas como as vivendas de uso turístico deben sempre comercializarse pola totalidade da vivenda e non por estancias, recorda a Administración galega. 

O Supremo rectifica e avala o veto galego a que as vivendas...
comentarios