Adiadas máis de 30 cirurxías no Álvaro Cunqueiro por problemas de esterilización
12 de abril de 2018 (17:05 h.)
A orixe do problema sitúase nun "po branco" que sae dos colectores para transportar o material cirúrxico
Unha de cada catro operacións foros suspendidas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo entre este mércores e este xoves por problemas na esterilización do material cirúrxico. En total, eran 32 as intervencións canceladas segundo admitiu o Sergas, que afirma que non se trata de cirurxías urxentes.
O problema, denunciado por Comisións Obreiras, ten a súa orixe nun po branco que sae dos colectores no que se transporta o material cirúrxico. O Sergas afirma que xa está a adoptar medidas preventivas.