Galicia, en alerta por Helena: ríos desbordados, ramas caídas e 108 incidencias

O vento alcanzou os 108,9 quilómetros por hora en Viveiro

Gaviotas sobre el oleaje en Silgar. J. CERVERA
photo_camera Gaviotas sobre el oleaje en Silgar. J. CERVERA

A borrasca Helena empezou a notarse este xoves en Galicia, onde deixou 108 incidencias, segundo informou o 112.

Por provincias, a de Pontevedra foi a máis afectada con 56 incidencias. Séguelle A Coruña con 23, Lugo con 20 e para rematar Ourense con 9. A maioría son caídas de árbores, ramas ou bolsas de auga (28) e por obstáculos de pedras e terra en estradas (22). Tamén houbo ríos desbordados.

Os concellos onde máis se deixou notar o temporal foron Vigo, con 16 incidencias, Pontevedra (7), Narón (4), A Coruña (3) e Folgoso do Courel , Sober e Triacastela (2).

E é que a choiva caeu de forma copiosa este xoves en Galicia. En Fornelos de Montes rexistráronse 94,3 litros de auga por metro cadrado e en Cotobade, 87,1. No Courel, xa en Lugo, 82,2. O vento alcanzou os 108,9 quilómetros por hora en Viveiro. 

DESBORDAMENTOS. No que a incidencias se refire, a Deputación lucense informou de varios cortes en diferentes tramos das súas estradas, como na LU-P-4705, ao seu paso Pobra do Brollón, no desbordamento do río Sil; a LU-P-1112 e a LU-P-1701, ambos os tramos en strong <>Cospeito, afectados polas crecidas do Miño; e en strong <>Begonte a LU-P-0802 tamén se ve afectada por desbordamento polo Ladra. 

Alerta vermella este venres na costa atlántica
A costa atlántica galega incluso estará o vindeiro venres en alerta vermella por ondas de máis de oito metros e en alerta laranxa por fortes ventos durante boa parte da primeira xornada de febreiro, segundo a información de avisos que está dispoñible na páxina web de Meteogalicia. 

Comentarios