martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Un total de 162 areais galegos intégranse na rede de praias sen fume

Areal en Baltar, en Portonovo, un dos que loce o distintivo da campaña 'Praias sen fume'. ARQUIVO
Areal en Baltar, en Portonovo, un dos que loce o distintivo da campaña 'Praias sen fume'. ARQUIVO
En Lugo son 26 os areais incluídos no proxecto e o Concello de Barreiros ten o diploma de ouro,

Un total de 162 areais de 66 concellos galegos forman parte da Rede Galega de Praias sen Fume na actualidade, de acordo coa Consellería de Sanidade. 

Esta iniciativa, que arrincou en 2016 a partir dunha proposta de Baiona para sensibilizar contra o tabaco, pasou de 26 praias nun inicio ás 162 da actualidade, o que supón que o 31,9 por cento dos areais galegos están incluídos no programa. 

En concreto, están o 30,1 por cento das praias marítimas (132 de 438) e o 42,9 por cento das fluviais (30 de 70). Ademais, o departamento destaca que o 57,5 por cento dos 115 concellos que teñen praias contan con polo menos un areal sen fume e que 14 dos municipios alcanzaron o diploma de ouro, o máximo nivel, ao declarar todas as súas praias libres de tabaco. 

Por provincias, A Coruña conta con 63 praias na rede, das que nove teñen o diploma de ouro (Corcubión, Mañón, Rianxo, Noia,Cedeira, Ponteceso, Dumbría, Cabana de Bergantiños e Laxe). 

En Lugo son 26 os areais incluídos no proxecto e o Concello de Barreiros ten o diploma de ouro, mentres que en Ourense as praias da rede son 10 e en Pontevedra, 63. Nesta última provincia hai catro concellos con diploma de ouro: Baiona, Redondela, Vilaboa e Cerdedo-Cotobade. 

A rede ten "un fin educativo e de sensibilización" e o obxectivo é que cambiar a percepción social sobre o tabaco. Nestas praias non se pode fumar na area, aínda que non existe vixilancia nin se sancionan os incumprimentos. "é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de lecer e, polo tanto, o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal", sinala Sanidade. 

Un total de 162 areais galegos intégranse na rede de praias sen fume
comentarios