Un total de 21 candidatos optan aos premios Bioga de bioteconoloxía
Vinte e un candidatos concorren este ano na oitava edición aos premios Bioga -dous deles de Vigo e outro de Salvaterra-, de impulso a iniciativas empresariais de biotecnoloxía, informan os organizadores.
Os premios serán entregados o 10 de decembro en Santiago de Compostela nunha cerimonia con limitación de aforamento polas restricións adoptadas para evitar a propagación da pandemia de covid-19.
Os galardóns recompensan a mellor idea empresarial, a empresa biotecnolóxica máis innovadora e a asina máis competitiva dese sector.
Os premios están convocados polo clúster galego de empresas tecnolóxicas Bioga co apoio da axencia Gain, dependente da Xunta.
A presidenta de Bioga, Carme Pampín, asegura nun comunicado que os proxectos presentados "dan unha idea da riqueza e diversidade do mundo en que se move a biotecnoloxía galega".
O xurado está integrado por directivos de Bioga, un representante de Gain, outro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), un de Fundacións Biomédicas e os gañadores da edición de 2019, que son Mestrelab Research, SunRock Biopharma e TraffikGene.