O persoal de traballadores de Alcoa iniciou as súas primeiras mobilizacións e actualmente están concentrados ás portas da factoría coa que a multinacional conta no polígono da Grela, impedindo con iso a saída de camións.
Os representantes dos traballadores rexeitaron este mércores o anuncio da multinacional estadounidense do aluminio, que comunicou o peche das plantas de Avilés e A Coruña por ser as menos produtivas do grupo.
Tras esta comunicación, os traballadores anunciou o inicio de "inmediato" de mobilizacións para impedir o peche da empresa, segundo anunciou o presidente do comité de empresa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho.
Corbacho indicou esta mesma mañá a un grupo de xornalistas que os traballadores da Coruña "ímonos a mobilizar, de inmediato” e sinalou que a dirección da empresa comunicou "un despedimento colectivo a todo o persoal”.
Os traballadores “desde logo” non comparten “as causas que alega a empresa para acometer este paso” e que incluso, son segundo el, “causas creadas por eles mesmos e pola inacción do Goberno e da Xunta”.
A concentración nas portas da planta da Coruña é só o principio, as mobilizacións dos traballadores serán contundentes posto que “alguén” levou “a esta encerrona” co obxectivo de facer desaparecer a fábrica “con intereses claros de facerse cos terreos”, dixo.
“Non o imos a consentir; tócanos unha vez máis acometer a defensa do noso posto de traballo e a viabilidade da planta” sentenciou, e recoñeceu que “son momento difíciles pero estamos afeitos”.
Este mesmo mércores os traballadores reuniranse para decidir novas actuacións, tal e como avanzaron en declaracións a Efe algúns dos seus portavoces.