Os traballadores de Alcoa intentarán evitar o peche da fábrica da Coruña

O xoves haberá unha concentración en Santiago fronte ás consellerías da Xunta

Manifestación de Alcoa en A Coruña. CABALAR (EFE)
photo_camera Manifestación de Alcoa na Coruña. CABALAR (EFE)

Os traballadores da fábrica de aluminios de Alcoa da Coruña concentraranse este xoves, entre as 10,30 e as 12,00 horas, fronte ás consellerías da Xunta de Galicia en San Caetano. 

Con este novo capítulo, o persoal pretende presionar ao Goberno galego e conseguir a súa "implicación" para evitar o peche da fábrica da Coruña. 

Ademais, representantes do Comité de empresa de Alcoa na Coruña detallaron que solicitaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, que lles reciban para abordar a situación 

Por outra banda, o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho, contestou á carta que o presidente de Alcoa, Roy Harvey, fixo chegar a todos os traballadores da empresa o pasado 20 de decembro. 

Cara ao final da resposta, o presidente do comité insiste en que "é un despropósito de carta"

Nese envío, Harvey agradecía "o esforzo" dos traballadores e falaba de "numerosas melloras" que se levaron a cabo "para situar a empresa de face ao futuro". 

Na resposta, Corbacho afirma que "é un insulto de carta" e "unha falta de respecto" ao persoal ao que afectan os peches, e acusa a Harvey de non "molestarse en lela nin en preocuparse da quen lla vai a enviar". 

Cara ao final da resposta, o presidente do comité insiste en que "é un despropósito de carta" na que "non hai nada aproveitable", e insta a Harvey a "ter a dignidade e honorabilidade suficientes para pedir desculpas aos traballadores da Coruña e Avilés". 

Para rematar, solicita que deixen de facer "tanto dano" e que retiren o expediente de extinción de emprego. A carta conclúe coa petición de que "abandonen España, devolvendo as empresas ao Goberno", e denuncia que, desde 1998, explotáronas sen facer un só investimento e levándose os beneficios a outros países". 
 

Comentarios