Un tremor de tres graos na escala Richter sacode o municipio coruñés de Oleiros

Seísmo en Oleiros.

El epicentro se localizó en la parroquia de O Real, a 11 kilómetros de profundidad

Un tremor de 3 graos na escala Richter rexistrouse este mércores ás 16.06 horas no municipio coruñés de Oleiros, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional. 

O epicentro do sismo localizouse a 11 quilómetros de profundidade á altura da parroquia do Real. De momento descoñécese se hai danos materiais.

SISMO NA PONTENOVA. O pasado domingo tamén se rexistrou outro pequeno tremor no municipio lucense da Pontenova. Ocorreu ás 20.01 horas e a súa magnitude foi de 2,3 na escala Richter. O epicentro tivo lugar a 16 quilómetros de profundidade.