Tres feridos nun choque á altura de Padrón

Un vehículo envorcou en Ames, aínda que a ocupante salío do mesmo sen lesións de consideración

Tres persoas resultaron feridas tras unha colisión entre dous vehículos no municipio coruñés de Padrón, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Uns minutos logo das 16 horas un particular alertou sobre unha colisión entre dous turismos na estrada N-550 e puxéronse en marcha Urxencias Médicas, o Grupo de Urxencias Supramunicipais de Padrón e a Garda Civil de Tráfico.

Tres persoas foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia logo de chocar os dous vehículos nos que viaxaban.

Nun dos turismos desprazábase unha nena que, segundo confirmaron os servizos de urxencia desprazados ao lugar, atópase ben.

Á mesma hora envorcou un turismo no municipio de Ames, pero a ocupante saíu sen lesións e foi trasladada a un centro hospitalario para verificar as súas condicións.