Un incendio calcina "por completo" unha vivenda unifamiliar en Beade

A única habitante da casa tivo que ser axudada por particulares para abandonar o inmoble pero atópase "en perfecto estado de saúde"

Un incendio ocorrido na tarde deste martes nunha vivenda unifamiliar situada no Concello de Beade, afectou a gran parte da casa e obrigou a desaloxar á señora que se atopaba no seu interior, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

O incendio produciuse ao redor das cinco e vinte da tarde no lugar das Regadas, en Beade, e debido á súa virulencia os labores de extinción prolongáronse preto de hora e media.

Segundo fontes do CAE 112, a única habitante do inmoble tivo que ser axudada por particulares para abandonar a súa vivenda pero se atopa "en perfecto estado de saúde".

Polo momento, os investigadores descoñecen as causas que provocaron o lume. Fontes do Grupo de Urxencias Supramunicipais de Ribadavia indicaron que o incendio se iniciou no teito de madeira, que ardeu practicamente por completo e afectou o resto da casa, fóra dunha adega anexa.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Beade, o GES de Ribadavia e axentes da Garda Civil.

Comentarios