jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

O Goberno investirá 92 millóns en obras e accións para promocionar o Xacobeo

Reyes Maroto y Xosé Sánchez Bugallo, antes de la reunión mantenida este jueves. EP
Reyes Maroto y Xosé Sánchez Bugallo, antes de la reunión mantenida este jueves. EP
Uns 24 millóns destinaranse á mellora da catedral de Santiago

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, comprometeuse co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, a realizar neste ano máis de 100 accións no exterior para a promoción do Xacobeo 2021 e a acometer un investimento de 92 millóns de euros para abordar rehabilitación de edificios e melloras das infraestruturas, entre outras cousas. 

Así o anunciou Reyes Maroto nunha rolda de prensa na sede ministerial na que explicou que 24 millóns de euros irán destinados á mellora da catedral de Santiago, edificio emblemático do Camiño. 

A ministra asegurou que o Goberno traballa en coordinación coa consellería de Turismo da Xunta de Galicia para desenvolver estas accións de promoción no exterior e que o punto neurálxico destas actividades atoparase na oficina de turismo en Roma. 

Pola súa banda, o alcalde de Santiago celebrou este encontro de traballo coa ministra para coñecer as accións que está a facer o Goberno con relación á promoción dos camiños e mostrouse satisfeito pola "dispoñibilidade" do Executivo central.

CAUTELA CO CORONAVIRUS. Con todo, Reyes Maroto pediu tranquilidade no que respecta ao posible impacto do coronavirus neste ano Xacobeo explicando que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo está a traballar en colaboración con Sanidade. 

Neste sentido, a ministra celebrou a "rigorosidade e transparencia" coa que está a actuar o ministerio de Sanidade e asegurou que, nestes momentos, non existe ningún tipo de inconveniente para vir a España. 

O Goberno investirá 92 millóns en obras e accións para promocionar...
comentarios