Varias carnicerías galegas, vítimas dunha noticia falsa que alerta de listeriose

 A broma estendeuse por toda Galicia a través de WhatsApp â??O enlace conduce á imaxe dun home espido
La noticia falsa conduce a la imagen de un hombre desnudo. EP
photo_camera A noticia falsa conduce á imaxe dun home espido. EP

As redes sociais e os prolíficos usuarios que se alimentan da actualidade para difundir memes, bromas e todo tipo de contidos en ton de humor —con maior ou menor acerto— non dubidaron en utilizar para os seus fins a alerta sanitaria por listeriose. E unha carnicería de Burela, entre outros establecementos galegos, foi vítima do 'enxeño' destes bromistas, ao estenderse por WhatsApp o bulo de que se detectou o primeiro caso de listeriose en Galicia.

En realidade, non hai nadiña de realidade detrás desas mensaxes que, coa falsa aparencia dunha noticia publicada por un medio de comunicación, levan ao receptor a abrir o enlace, para atoparse coa imaxe dun home totalmente espido.

A difusión desta noticia falsa non sentou en absoluto ben nin á carnicería de Burela nin aos outros establecementos que se viron salpicados por esta broma de pésimo gusto. Algúns, segundo indicaba o propietario dun establecemento da Rúa en declaracións á TVG,  xa denunciaron o feito ante a Garda Civil.

Comentarios