Un veciño da cidade de Lugo tivo que ser atendido polos servizos de urxencias do Hula pola picadura de varias avespas velutinas.
O home, de 70 anos, estaba a rozar unha leira na parroquia de Castelo cando empezou a notar a dor e a hinchazón.
Tras desprazarse este xoves ata o hospital lucense, permaneceu alí varias horas antes de ser dado de alta.
O mes pasado tres persoas faleceron en Galicia por mor das picaduras de velutina.