Un veciño de Lugo, atendido no Hula pola picadura de avespas velutinas

Velutinas. AEP

Permaneceu varias horas no servizo de urxencias antes de ser dado de alta

Un veciño da cidade de Lugo tivo que ser atendido polos servizos de urxencias do Hula pola picadura de varias avespas velutinas.

O home, de 70 anos, estaba a rozar unha leira na parroquia de Castelo cando empezou a notar a dor e a hinchazón.

Tras desprazarse este xoves ata o hospital lucense, permaneceu alí varias horas antes de ser dado de alta.

O mes pasado tres persoas faleceron en Galicia por mor das picaduras de velutina.