Un veciño de Pontevedra rescata a unha familia de gansos que estaba 'a pasear' pola cidade

O mozo guiou aos animais ata o río Gafos e non os abandonou ata que estiveron completamente a salvo

Idriss, un mozo de orixe marroquí, realizou a boa acción da fin de semana ao rescatar na mañá deste sábado a unha familia de gansos que se atopaba paseando polos arredores da pontevedresa Praza de San Xosé.

Os animais, que habitan na contorna do río Gafos pero que de cando en vez se deixan ver polas rúas do centro, atopábanse xunto a un edifio da rúa Augusto González Bicada, onde aniñaron recentemente.

A familia de gansos, nas proximidades da Praza de San Xosé. PEDRO DIEGO

En concreto había tres exemplares adultos e cinco crías, que estaban a esperar por outro pequeno que non se atrevía a acudir ao paso dos demais e permanecía refuxiado no citado edificio.

Segundo o relato dos veciños, varias persoas alertaron á Policía Local, que non se acudiu en ningún momento –aseguran que o multamóvil pasou por alí pero seguiu de longo–.

Quen si se parou a asistir ao grupo de gansos foi Idriss, quen guiou aos gansos ata o río. A base de xestos e leves empuxóns, conseguiu chegar con eles ata a contorna do Gafos e non os abandonou ata comprobar que estaban a salvo –con modificacións do percorrido incluídas pola presenza de cans na zona–.

Idriss, tras finalizar o rescate da familia de gansos. PEDRO DIEGO

Comentarios