Veciños de Vilaxoán salvan unha muller de recibir unha malleira da súa parella

Os veciños de Vilaxoán salvaron a muller de recibir unha malleira. TVG

O agresor tombou a porta e irrompeu no domicilio proferindo ameazas de morte

A rápida intervención dos veciños de cálea Almirante Fontán, no barrio arousán de Vilaxoán, evitou este sábado pola noite que un novo episodio de violencia de xénero acabase en traxedia. Tras proferir reiteradas ameazas, incluso de morte, o agresor logrou botar abaixo a porta da vivenda na que vive a súa parella e irromper con violencia no domicilio, en estado de embriaguez. Os veciños actuaron con rapidez e sacaron á muller da casa, salvándoa dos golpes.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local de Vilagarcía, que conseguiron reducir o agresor mentres seguía ameazando de morte a súa vítima.